
XI FESTA DO MEXILLÓN EN RIANXO
Opmega, participa na XI Festa do Mexillón, que se celebrou en Rianxo os días 6 e 7 de Agosto, colabora coa organización do evento, poñendo á súa disposición vianda de mexillón para as degustacións que levaron a cabo. Durante a celebración do mesmo, preparáronse mexillóns en vinagreta, ao vapor, en empanada (de millo e de trigo), á mariñeira, tamén se puido adquirir un bono de menú degustación de 3 receitas. A festa organízana a Asociación Gastronómica e Cultural dá Festa do Mexillón de Rianxo e o Club de Remo local. Cociñáronse 400 quilos de vianda de mexillón e 1.200 quilos de mexillón en cuncha. Ao recinto achegáronse miles de persoas entre elas moitos veraneantes que se deleitaron probando as diferentes elaboracións.
Compartir: