
Opmega analiza o futuro da miticultura galega nunha xornada en clave europea
A Organización de Produtores de Mejillón de Galicia (Opmega) convoca a profesionais, institucións e expertos do sector o vindeiro venres 29 de maio no Edificio Mexillón en Vilagarcía de Arousa para celebrar a xornada técnica:
“Miticultura en clave europea: retos actuais e perspectivas de futuro”.
Nun contexto global cada vez máis esixente, esta xuntanza nace co obxectivo de ser un espazo de debate e reflexión sobre os desafíos que afronta a miticultura galega. Ao longo da mañá, abordaranse cuestións críticas como a loita contra a fraude alimentaria na pesca e acuicultura, a innovación a través de proxectos europeos como o FishEUTrust e a importancia estratéxica de comprender o funcionamento das institucións da Unión Europea para a defensa dos intereses do noso sector.
A xornada contará coa participación de representantes de organismos internacionais como a FAO, líderes de opinión do ámbito tecnolóxico e membros do Parlamento Europeo, proporcionando unha visión integral e necesaria para asegurar a competitividade e sustentabilidade das nosas bateas.
Para Opmega, esta cita supón un paso máis no compromiso coa profesionalización e a proxección exterior do noso produto, concluíndo o evento cun emotivo homenaxe ao productor Manolo “O Pescador”, e unha degustación de mexillón a cargo do cociñeiro Miguel Mosteiro.
Descarga o progama:PROGRAMA-xornada-OPMEGA