
Seafood Expo Global Barcelona
OPMEGA ESTREA STAND EN SEAFOOD BARCELONA COA AXENDA MÁIS AMBICIOSA DA SÚA HISTORIA
A organización bateeira recibirá representantes do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación e da Consellería do Mar nun espazo renovado e preparado para unha intensa actividade comercial e institucional
Vilagarcía de Arousa, 19 de abril de 2026. Opmega desembarca mañá luns en Seafood Barcelona cun stand completamente renovado, máis amplo que en edicións anteriores e dotado de varias zonas de reunión, listo para acoller a axenda de traballo máis potente que a organización de produtores de mexillón despregou ata o momento na feira de referencia do sector pesqueiro e acuícola.
A xunta directiva e os responsables comerciais de Opmega estarán presentes durante toda a feira para manter encontros con operadores e compradores de distintos países, no que se prevé unha edición especialmente intensa en actividade comercial internacional.
Entre as visitas xa confirmadas ao stand figuran autoridades do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación e da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.
O mércores 22 de abril, ás 12:00 horas, o stand de Opmega acollerá a presentación do proxecto “Valorización de Servizos Ecosistémicos”, unha medida que contará coa participación de investigadores do CSIC. A presentación terá unha duración aproximada de 45 minutos.
A continuación, a partir das 13:00 horas, Opmega ofrecerá un cátering con catro receitas elaboradas com mexillón, unha aposta por amosar o potencial gastronómico do produto galego nun contexto de feira internacional.
O novo espazo reflicte o momento de crecemento e proxección que vive a organización bateeira, que consolidou Seafood Barcelona como plataforma clave para a comercialización do mexillón galego e a interlocución directa coas administracións competentes en materia pesqueira e acuícola.