
OPMEGA tramita en Bruselas a entrada no Consello consultivo europeo de acuicultura
Como única OPP transnacional de Acuicultura en España, O presidente, Ricardo Herbón, o vicepresidente, Juan Fungueiriño e o director de operacións Lino Suárez, estiveron esta semana en Bruselas para reinvindicar o seu dereito a formar parte do Consello Consultivo de Acuicultura da unión europea, a tal efecto mantiveron unha xuntanza con Cécile Fouquet, secretaria técnica do Consello Consultivo. Formar parte dese órgano permitirá a Opmega coñecer de primeira man as directivas ou regulamentacións relacionadas coa súa actividade durante a súa tramitación, o que lle permitirá dispoñer dunha información moi valiosa para a organización e os seus asociados. Estes días foron moi intensos os directivos tamén tiveron varias xuntanzas con dirixentes comunitarios como o xefe da Unidade de Acuicultura de a DG Mare, Felix Leinemann e o xefe do Grupo de Traballo da Natureza do Comité de Rexións, Serafino Nardi. Ademáis, mantiveron sendos encontros cos eurodiputados galegos @pacomillanmon (PP), @ana_mirandapaz (BNG), e a europarlamentaria, @izaskunbilbaobarandica (PNV), membro da Comisión de Pesca. O presidente trasladou unha invitación para dar a coñecer o traballo e cultivo sostible do mexillón, tamén narrou os problemas que estamos a pasar pola nova normativa da recollida da mexilla.
Por último arredor de 50 personas foron invitadas a unha degustación no hotel Eurostarts Montgomery, coa presencia entre outros do exministro do interior, Juan Ignacio Zoilo.