Xornada “Bateas Abertas” con diferentes medios de comunicación

21 de Xullo de 2022 Entrevistas, Xunta directiva

Xornada “Bateas Abertas” con diferentes medios de comunicación

A pesar da previsión meteorolóxica, a xornada “Bateas Abertas” celebrouse sen choiva e cunha luz espectacular. A xornada comezou pola mañá coa saída en barco desde o porto de Vilanova e durante as dúas horas que durou a travesía, unha xoven produtora de mexillón, Celia Herbón xunto coa xunta directiva foron explicando aos xornalistas o “apaixoante”traballo que se fai na batea, pudendo contemplar in situ como se prepara o mexillón para que poida ser descargado nos diferentes peiraos, o finalizar a travesía puideron degustar diferentes especialidades elaboradas polo cociñeiro Miguel Mosteiro , poidedes ampliar a nova nos seguintes enlaces:
“Os produtores de mexillón organizan visitas guiadas as bateas”, para mostrar como se cría este bivalvo”👉http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/telexornal-seran-5754311?t=2880#TVG 
 “De la batea al plato: Viaje al corazón de la Ría en la que se cultiva el mejillón más codiciado”👉https://www.diariodearousa.com/articulo/o-salnes/batea-plato-viaje-corazon-ria-cultiva-mejillon-codiciado-3831654
 “Perspectivas de un buen verano para el sector bateeiro”👉https://www.farodevigo.es/arousa/2022/07/20/perspectivas-buen-verano-sector-bateeiro-68513443.html
Compartir: