
Seafood Expo Global 2025 Barcelona
Éxito de OPMEGA na feira Seafood Expo Global 2025 en Barcelona
A participación de OPMEGA na última edición da Seafood Expo Global en Barcelona foi todo un éxito. Durante os días da feira, o noso stand recibiu unha gran afluencia de visitantes, o que nos permiteu establecer novos contactos comerciais, reforzar as relacións cos nosos clientes e amosar a calidade e o valor dos nosos produtos.
Queremos agradecer a todas as persoas que se achegaron a coñecernos, así como aos nosos colaboradores por facelo posible. Este evento foi unha excelente oportunidade para destacar o compromiso de OPMEGA coa sustentabilidade, a innovación e a excelencia no sector do mexillón e da acuicultura.
Compartir: