
O sector mexilloeiro maniféstase en bloque polas rúas Compostelanas, reivindicando a ampliación de “forma inmediata” as zonas de recollida de mexilla
Milleir@s de mexilloeir@s saen “unid@s” polas rúas compostelanas, para reivindicar a ampliación de “forma inmediata” as zonas de recollida de mexilla. Tod@s a unha manifestaron que #sensemillanonhaifuturo. A XUNTA DE GALICIA TEN QUE RECAPACITAR, @s bateeir@s non teñen ningún problema cos percebeir@s, levamos anos convivindo, “se de verdade os bateeir@s prexudicasen o percebe, non habería crustáceo nas pedras porque os traballadores do sector levan “70 anos” collendo mexilla, o que demostra que a convivencia cos percebeiros é “perfectamente posible” e pódense compatibilizar ambas as actividades”. As zonas de recollida de mexilla redúcense en máis dun 80%, se non temos mexilla para sementar, o futuro do mexillón está acabado”.
Compartir: