Nova edición de Batéate “atopa o teu espazo no mundo”

3 de Maio de 2022 Xunta directiva

Nova edición de Batéate “atopa o teu espazo no mundo”

Bateate “atopa o teu espazo no mundo” un ano máis volvemos con récord de participación de obras presentadas (fotografías e reportaxe audiovisual) polos distintos centros de 4º de ESO e de Formación Profesional Básica, das comarcas de Muros-Noia e Pontevedra-Morrazo. Para que os estudantes presentasen os seus traballos houbo un labor previo no que participaron nos últimos meses o presidente da organización, Ricardo Herbón, e varios membros da xunta directiva de Opmega. Eles encargáronse de contar a súa experiencia aos estudantes e responderon a todasas súas preguntas, na súa maioría relacionadas cos estudos que son necesarios para traballar no sector, o índice de emprego e as condicións de traballo. Como padriño da comarca de Pontevedra-Morrazo volvemos a contar co actor e humorista Carlos Blanco e, como novidade incorpórase apadriñando a zona de Muros-Noia o tamén actor e humorista Touriñán, ambos humoristas serán os encargados de conducir a Gala final que se celebrará o vindeiro venres  día 6 de maio no edificio Mexillón de Galicia, sede de Opmega sita en Vilagarcía de Arousa.

Compartir: