
Opmega en PortAmérica: o mexillón como protagonista
Opmega estivo presente no Festival PortAmérica como patrocinador oficial, reafirmando o noso compromiso coa cultura, a gastronomía e a promoción do mexillón como produto saudable, versátil e de calidade.
Durante o festival, contamos cunha foodtruck propia na zona gastronómica, onde ofrecemos ao público unha selección de tapas elaboradas a base de mexillón. Unha proposta pensada para achegar este produto a novos públicos e demostrar o seu potencial culinario nun formato informal e saboroso.
Ademais, no espazo ShowRocking, recoñecido por reunir a algúns dos mellores chefs do panorama nacional, varios cociñeiros con Estrela Michelin prepararon en directo receitas innovadoras co mexillón como ingrediente principal, poñendo en valor as súas propiedades e a súa versatilidade na alta cociña.
A nosa participación en PortAmérica responde o obxectivo de dar a coñecer o mexillón das nosas bateas como un produto de excelencia, sostible e cheo de sabor