
Xornada Opmega
Opmega celebra unha xornada sobre innovación e sustentabilidade no cultivo do mexillón
Vilagarcía de Arousa, 15 de maio de 2025.– A Organización de Produtores de Mexillón de Galicia (Opmega) organiza este venres 16 de maio, no Salón de Actos do Edificio Mexillón de Galicia (Vilagarcía de Arousa), a xornada “Innovación e sustentabilidade no cultivo do mexillón: claves para o futuro do sector”.
A cita contará con expertos en investigación mariña, tecnoloxía alimentaria e economía azul, así como representantes institucionais, para abordar os principais retos e oportunidades dun sector clave para Galicia.
O programa inclúe mesas de debate, un diálogo institucional, un recoñecemento ao labor bateeiro e unha degustación final de mexillón de Opmega.