Xornada «O cultivo de mexillón en batea: tendencias de comercialización e consumo»

6 de Maio de 2024 Actualidad, Xunta directiva

Xornada «O cultivo de mexillón en batea: tendencias de comercialización e consumo»

 Actualmente a comercialización e o consumo están influenciados por múltiples factores: as tendencias culturais, a tecnoloxía, o comportamento do consumidor e/o as estratexias de márketing.

No noso sector é fundamental entender as demandas do mercado e adaptarse a elas mediante a segmentación de mercado, a personalización de produtos e servizos, e a creación de experiencias de compra atractivas.

Baixo esta premisa, OPMEGA celebra o vindeiro xoves día 16 de maio a súa xornada anual onde celebraremos 3 mesas redondas coa seguinte temática:

Esta será a VII Xornada anual de OPMEGA e, como é habitual, contaremos con participantes de primeiro nivel e expertos na materia, tanto do sector alimentario como da cadea de distribución e comercialización do produto.

Esperámosche na sede de OPMEGA. O evento terá lugar no auditorio do Edificio Mexillón de Galicia (Avenida dá Mariña, 25 – Vilagarcía de Arousa)

A asistencia é totalmente gratuíta, previa inscrición no seguinte formulario:

https://registro.eventospesca.com/inscripcion-jornada-cultivo-de-mexillon-en-batea

Na mesma ligazón poderás descargar o programa detallado.

Compartir: