Visita produtores holandeses

27 de Febreiro de 2024 Xunta directiva

Visita produtores holandeses

 

Produtores holandeses de mexillón pasean entre bateas na ría de Arousa da man de Opmega

 

  • Unha trintena de produtores de Países Baixos gozan estes días dunha visita a diferentes localidades galegas para aproximarse a un cultivo totalmente distinto ao que se realiza no seu país.
  • Parte da xunta directiva de Opmega acompañou á expedición nunha viaxe pola Ría de Arousa que deixou fascinados a todos os membros da comitiva.

 

Vilagarcía de Arousa, 27 de febreiro de 2024.- O interese dos produtores de mexillón de Países Baixos polo cultivo en batea quedou perfectamente reflectido nas numerosas preguntas que lle fixeron ao presidente de Opmega, Ricardo Herbón, na viaxe que realizaron esta mañá pola Ría de Arousa.

Unha trintena de profesionais holandeses embarcáronse nesta visita guiada que forma parte dun amplo programa de actividades que a comitiva despregará ata o próximo día 29 de febreiro e que lles levará tamén á lonxa  de Ribeira e a varias empresas do sector.

A viaxe, impulsado pola organización holandesa que se encarga da  poxa de mexillóns e mariscos, foi un descubrimento para moitos dos seus integrantes que non coñecían en detalle o cultivo de mexillón en Galicia, totalmente diferente ao de Países Baixos, onde o molusco é recolleito nos areais onde se deposita a semente, previamente extraída das praias,  con barcos de arrastre.

Os produtores gozaron do percorrido en barco e posteriormente desprazáronse á sede de Opmega para escoitar da man do xerente o traballo que realiza a organización de produtores en temas de innovación e sustentabilidade. Tras este charla, os invitados gozaron dunha degustación de varios pratos elaborados con mexillón das rías, onde tiveron a oportunidade de comprobar o gran sabor e a versatilidade do produto galego.

Más sobre Opmega

Opmega é unha Organización de Produtores (OP) con ámbito de actuación transnacional recoñecida por Orde do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación do 30 de decembro de 1986 (Boletín Oficial do Estado nº 23, de data 27.01.1987) como a OPP-18.  Os seus socios están  agrupados en 12 delegacións, distribuídas nas rías de Muros e Noia, Arousa, Pontevedra e Vigo, ademais de Portugal.Productores holandeses de mejillón pasean entre bateas en la ría de Arousa de la mano de Opmega

 

 

V

Compartir: