
OPMEGA confía en que Anfaco avale de maneira decidida o Real decreto sobre denominaciones comerciales
A organización considera que a norma é unha oportunidade histórica para reforzar a transparencia e a competitividade do sector mexilloeiro
Vilagarcía de Arousa, 16 de setembro de 2025. A Organización de Produtores de Mexillón de Galicia (Opmega) valora moi positivamente o recente encontro mantido con representantes de ANFACO en Vilagarcía de Arousa, no que se abordaron os principais retos do sector. Tras este diálogo, a organización considera fundamental que esa boa sintonía se concrete nun apoio claro ao Proxecto de Real Decreto que regula as denominacións comerciais nacionais e as denominacións de alimentos conservados e preparados.
Para Opmega, a aprobación e aplicación efectiva desta norma marcará un antes e un despois na defensa do mexillón galego: “O Real Decreto permitirá disipar dúbidas no mercado, garantir ao consumidor unha información veraz e reforzar a posición de quen traballamos con transparencia e calidade”, salientou o seu presidente, Ricardo Herbón.
A organización subliña que o compromiso de ANFACO pode resultar decisivo para que esta regulación entre en vigor sen demoras. Nese sentido, Opmega anima á patronal conserveira a favorecer mesmo unha aplicación anticipada entre os seus asociados, o que enviaría unha mensaxe clara de unidade e responsabilidade ao conxunto do sector e á sociedade.
“O consumidor ten dereito a saber que compra, e os produtores temos dereito a competir en igualdade de condicións. Non falamos de privilexios, senón de xustiza e de recoñecemento ao esforzo de milleiros de familias que sosteñen o mexillón galego”, engadiu Herbón.
Opmega confía en que a próxima Xunta Xeral de ANFACO sirva para refrendar este compromiso e consolidar unha posición compartida que reforce a competitividade da cadea de valor no seu conxunto.
Sobre Opmega
Opmega agrupa a máis de 300 produtores nas rías galegas e representa boa parte da produción europea de mexillón. Cun modelo sostible, vinculado ao territorio e cun impacto social directo, é hoxe unha das estruturas clave da economía do mar en Galicia.Hay cosas que se van acumulando. Opmega, organización de referencia del sector mejillonero gallego, ha llevado recientemente a Bruselas una preocupación que no es nueva, pero que ya no puede seguir ignorándose: no se puede hablar de competencia justa cuando las reglas solo se aplican a una parte.