Ricardo Herbón convertuse en presidente de Opmega por unanimidade

11 de Abril de 2015 Sen categoría

Ricardo Herbón convertuse en presidente de Opmega por unanimidade

O bateeiro boirense confesa que inicia o mandato con ganas pero prefire non anunciar obxectivos de momento

O boirense Ricardo Herbón é, desde onte pola tarde, o novo presidente de Opmega. Foi elixido para o cargo por unanimidade, o que supuxo unha inxección de ánimo a un home que se declara «con ganas e ilusión» de encabezar a única organización de produtores que existe no ámbito do mexillón galego. Nesta aventura, Herbón estará acompañado por Maruxa Caamaño como vicepresidenta, Jesús Castiñeira como tesoureiro, Fran Castro e Manuel Caamaño.

Este equipo, amplamente renovado, decidiu tomarse as cousas con calma, sen présas e sen pausas. Así que, antes de «anunciar obxectivos que non sabemos se se poden cumprir ou non», esperará un tempo para «ver como está todo internamente. En canto teñamos feito ese traballo, marcarémonos uns obxectivos realistas que lle trasladaremos á xente».

 

Compartir: