Mexillóns con salsa meka

ingredientes:

  • mexillóns
  • Aceite
  • cebola
  • salsa
  • allo
  • viños Albariño
  • fariña
  • azafrán

Preparación:

O mexillón lávase moi ben e cócese ao vapor, retírase do lume, descónchase procurando limpalo ben, secarlle o queixo e non rompelo; déixase en espera.

Nunha tixola ponse o aceite, non moi quente, pónselle a cebola picada, deixámola un intre para que se vaia facendo, procurando que non se doure, máis ben cocido no aceite. Nun morteiro machucamos os allos co perexil e un pouco de sal todo ben machacadiño, poñemos o viño e incorporámolo todo á cebola, o refogamos ben, un par de culleradas de fariña, o azafrán e xa está a salsa. Pásase todo por un pasa-puré e ao final incorpóranselle os mexillóns, que se deixarán ferver un minuto na salsa removendo con culler de madeira ou unha espátula; só se require atención, cun pouquiño de agarimo, que é como saen ben as cousas.

  • Categorías: Modernas
  • Tempo: 45 minutos
  • Compartir: