Mexillóns á crema

Ingredientes (para 6 persoas)

  • 3 kg de mexillóns
  • 1 cebola
  • 50 g. manteiga
  • 1 colher de Fariña de trigo
  • 1/4 l. leite
  • 1/4 l. caldo de mexillóns
  • 1/4 l. crema de leite fresco
  • sal e pementa
  • perexil picado

Preparación:

Límpanse os mexillóns e ábrense con vapor, un pouquiño de auga, tamén coa cebola picada. Unha vez abertos escúrrense e resérvase a auga, retírase a cuncha baleira e colócanse os mexillóns nunha cazola de barro. Finalmente bótase a salsa por encima co perexil picado.

Preparación da Salsa:

Fúndese a manteiga nun cazo e bótase a fariña, refríese e bótase o leite. Trabállase cunhas barillas para que non colla grumos, déixase cocer un pouco e agregamos a nata, quedando a salsa terminada.