Ingredientes
- 5 culleradas de aceite vexetal (non de oliva porque vai dar demasiado sabor)
- 1 cullerada de semillas de mostaza
- 10 granos de pementa negra
- 15 follas de curry
- 1 cebola picada finamente
- 2 chiles verdes picados sen sementes (opcional)
- 20 grs de xenxibre rallado ou de pasta de xenxibre
- 5 dentes de allo rallados ou unha cullerada pequena de pasta de allo
- 2 tomates picados moi finos
- 1⁄2 cullerada pequena de po de chile
- 1 cullerada pequena de tumérico
- 1 cullerada de cilantro moído
- 1 cullerada pequena de comino moído
- unha pizca de sal
- 400 ml de leite de coco
- 250 ml de auga
- 1 cullerada pequena de pasta de tamarindo
- 1 Kg. de mexillóns
Preparación
- Quentar o aceite nunha tixola ou cazola grande. O ideal é un wok.
- Saltear as luras a lume medio ata que estean daoraiñas. Sacar da tixola escorrendo o aceite e reservar aparte.
- Engadir as sementes de mostaza, os grans de pementa negra, e pasados medio minuto, poñer as follas de curry, a cebola e os chiles. Cociñar ata que a cebola comece a dourarse.
- Engadir o xenxibre e o allo e saltear durante un par de minutos a lume medio.
- Engadir os tomates, especias secas (chile en po, tumérico, cilantro en po e comiño en po), e sal e cociñar durante 6 ou 7 minutos ata que a pasta solte o aceite.
- Verter o leite de coco e 250 ml de auga (pode ser caldo de mexillón, peixe ou marisco, neste caso usamos unhas cabezas de lagostinos para dar sabor que logo coamos). Deixar que rompa a ferver durante 5 minutos. A salsa debería ter unha consistencia cremosa como a nata líquida. Se está demasiado líquida, deixar reducir un pouco a salsa para que espese, ou se está demasiado densa, engadir un pouco de auga para aclarala.
- Engadir o tamarindo e seguidamente o mexillón. Cociñar ata que estean cocidos.
- Engadir a crema de coco. Rectificar de sal, de tamarindo e de chile.
Trucos e consellos
- Podes combinar mexillóns con luras ou gambas, ou engadir outros mariscos ou peixe branco.
- Acompañalo dun arroz suave.
Maridaxe
Coa comida oriental e en especial cos pratos de marisco van moi ben os viños brancos como os da denominación de orixe Rias Baixas. Servídeo moi fresquiño.