Asociación de Mexilloeiros Vilaxoán
A Asociación de Mexilloeiros Vilaxoán ten o orgullo de ser unha das primeiras asociacións da Ría de Arousa. Comenzou a andar sobre 1970 cos pioneiros do mexillón de Vilaxóan e arredores, quen ante a necesidade da defensa dos intereses profesionais crearon os estatutos da asociación o 1 de xuño do 1979 coa intención expresa de propiciar o asociacionismo e mellorar o sector en todos os seus ámbitos. Obxectivo ainda hoxe de total actualidade.
Estamos integrados en OPMEGA e no Consello Regulador do Mexillón desde a sua creación.
Actualmente está Asociación situada no Peirao de Vilaxóan está composta por 22 socios e 39 bateas. O 90% da producción do mexillón véndese para fábrica. Temos a maioría das bateas nos polígonos VILLAG A e VILLAG B.