Mexilla

27 de Novembro de 2025 Xunta directiva

Mexilla

A extracción de mexilla atrásase a xaneiro, mentres a marea vermella alcanza o seu “pico” e espérase que mellore

O sector mexilloeiro teme pola campaña de Nadal con “todo o produto sen vender”

 

Vilagarcía, 27 de Novembro de 2025, Opmega acata a petición de Mar de retrasar a recollida de mexilla  “baseada en informes científicos” e subliña o impacto do peche por toxina nun mes clave para as vendas

Opmega confirmou hoxe que aceptará a petición da Consellería do Mar para retrasar ata o 2 de xaneiro o inicio da recollida de mexilla. A entidade explica que adopta esta decisión “con responsabilidade” e en consonancia co criterio técnico trasladado polos científicos.

Paralelamente, Opmega trasladou a súa forte preocupación pola situación xerada pola toxina, que mantén máis de media Galicia pechada e impide retirar o produto acumulado nas bateas. Subliñan que isto sucede ás portas da campaña de Nadal e nun mes, como é novembro, no que tradicionalmente se concentran vendas moi relevantes para o sector.

Segundo a información facilitada pola Consellería na reunión, os informes indican que nestes días se está a rexistrar o pico máis alto de toxina e que, a partir de agora, a situación debería comezar a mellorar de maneira progresiva.

 

 

 

 

 

 

.

Compartir: