Asociación de mexilloeiros isleños San Esteban – AMI
Corría o ano de 1989 cando, coa pretensión de contribuir a unha organización xusta e sostible do sector productivo mexilloeiro, e acadar deste xeito o lugar que o noso producto merece nos mercados, nacía “AMI” en A Illa de Arousa.
Foi sempre, e o segue sendo, pilar fundamental nos movimentos organizativos do sector, formando parte integral da Organización de Productores de Mexillón de Galicia “OPMEGA” (OPP nº 18); así como defensora de primeira liña do Consello Regulador do Mexillón de Galicia, a través da participación activa de todos os seus Asociados.
O Mexillón servido por AMI é producido integramente en Galicia, nos mais de 100 viveiros (bateas) asociados, distribuídos por toda a Ría de Arousa, con unha calidade de producto e bo facer productivo excelentes.