Visita de produtores do Delta do Ebro e representantes da Generalitat de Catalunya

29 de Outubro de 2026 Xunta directiva

Visita de produtores do Delta do Ebro e representantes da Generalitat de Catalunya

OPMEGA recibiu unha delegación de produtores de FREPOMODEL, encabezada polo seu presidente, Santiago Tomás Fornos, e representantes da Generalitat de Catalunya,.
A visita centrada no intercambio de experiencias e na análise das problemáticas comúns dos produtores de Galicia e do Delta do Ebro.

 

Vilagarcía, a 29 de outubro de 2026, A Organización de Produtores de Mexillón de Galicia (OPMEGA) recibiu os días 28 e 29 de outubro unha delegación de produtores do Delta do Ebro, encabezada por Santiago Tomás Fornos, presidente de FREPOMODEL, acompañada por representantes da Generalitat de Catalunya.

Pola parte da Administración catalá participaron Itziar Segarra Díaz, directora general de Política Marítima i Pesca Sostenible; Martí Puig i Cabeza, subdirector general de Pesca, Aqüicultura i Estructures Pesqueres; e Antonio Espanya Forcadell, director dels Serveis Territorials a les Terres de l’Ebre.

A delegación foi recibida pola Xunta Directiva de OPMEGA, encabezada polo seu presidente, Ricardo Herbón González. O encontro constituíu unha oportunidade para intercambiar experiencias, coñecer de primeira man as realidades produtivas de ambos os territorios e analizar as principais dificultades que afrontan os produtores.

Durante a visita, os participantes puideron compartir coñecementos sobre a actividade produtiva e abordar cuestións de interese común, nun contexto no que o intercambio de información e experiencias resulta fundamental para coñecer os retos aos que se enfronta o sector.

Esta visita permitiu achegar as experiencias de Galicia e do Delta do Ebro, dous territorios cunha importante vinculación coa actividade mariña e acuícola, e abrir un espazo de diálogo sobre as preocupacións e necesidades dos seus produtores.

Desde OPMEGA agradecemos a visita da delegación de FREPOMODEL e dos representantes da Generalitat de Catalunya, así como a oportunidade de compartir experiencias e analizar conxuntamente os desafíos do sector.

Compartir: