Mexillóns con fabas

Preparación:

Nunha cazola póñense a cocer as fabas durante unha hora e media, aproximadamente, engadindo unha cebola e un dente de allo. Nunha tixola poñemos a estofar cebola, allo e perexil, faise un sofrito engadindo un pouco de pan relado. Ponse nunha cazola de barro engadindo o sofrito, as fabas e os mexillóns, previamente cocidos. Sérvense na mesma cazola.

Observación:

É conveniente deixar as fabas en remollo durante unha noite.