Curry de Mexillóns de Galicia Kerala

Ingredientes

  • 5 culleradas de aceite vexetal (non de oliva porque vai dar demasiado sabor)
  • 1 cullerada de semillas de mostaza
  • 10 granos de pementa negra
  • 15 follar de curry
  • 1 cebola picada finamente
  • 2 chiles verdes picados sen sementes (opcional)
  • 20 grs de xenxibre rallado ou de pasta de xenxibre
  • 5 dentes de allo rallados ou unha cullerada pequena de pasta de allo
  • 2 tomates picados moi finos
  • 1⁄2 cullerada pequena de po de chile
  • 1 cullerada pequena de tumérico
  • 1 cullerada de cilantro moído
  • 1 cullerada pequena de comino moído
  • unha pizca de sal
  • 400 ml de leite de coco
  • 250 ml de auga
  • 1 cullerada pequena de pasta de tamarindo
  • 1 Kg. de mexillóns

Preparación

  1. Quentar o aceite nunha tixola ou cazola grande. O ideal é un wok.
  2. Saltear as luras a lume medio ata que estean daoraiñas. Sacar da tixola escorrendo o aceite e reservar aparte.
  3. Engadir as sementes de mostaza, os grans de pementa negra, e pasados medio minuto, poñer as follas de curry, a cebola e os chiles. Cociñar ata que a cebola comece a dourarse.
  4. Engadir o xenxibre e o allo e saltear durante un par de minutos a lume medio.
  5. Engadir os tomates, especias secas (chile en po, tumérico, cilantro en po e comiño en po), e sal e cociñar durante 6 ou 7 minutos ata que a pasta solte o aceite.
  6. Verter o leite de coco e 250 ml de auga (pode ser caldo de mexillón, peixe ou marisco, neste caso usamos unhas cabezas de lagostinos para dar sabor que logo coamos). Deixar que rompa a ferver durante 5 minutos. A salsa debería ter unha consistencia cremosa como a nata líquida. Se está demasiado líquida, deixar reducir un pouco a salsa para que espese, ou se está demasiado densa, engadir un pouco de auga para aclarala.
  7. Engadir o tamarindo e seguidamente o mexillón. Cociñar ata que estean cocidos.
  8. Engadir a crema de coco. Rectificar de sal, de tamarindo e de chile.

Trucos e consellos

  • Podes combinar mexillóns con luras ou gambas, ou engadir outros mariscos ou peixe branco.
  • Acompañalo dun arroz suave.

Maridaxe

Coa comida oriental e en especial cos pratos de marisco van moi ben os viños brancos como os da denominación de orixe Rias Baixas. Servídeo moi fresquiño.

 

  • Categorías: Modernas
  • Dificultade: Fácil
  • Tempo: 30 minutos
  • Cantidade: 4 personas
  • Compartir: