Cocktail de mexillóns

Preparación:

Cócense os mexillóns. Sácanse das súas cunchas e lávanse. Bátese unha salsa maionesa á que se agrega Ketchup de tomate (segundo gusto). En copa especial para cocktail bótase xeo finamente picado e no departamento superior vanse botando os mexillóns mesturados coa salsa. Reservar uns cuantos para adornar por encima e espolvorear ovo cocido picado nun robot. Pódese adornar con tiras finas de leituga.