Galicia
é unha comunidade pesqueira onde aproximadamente o 4,5% da población
activa está ocupada directamente neste Sector, que aporta case 120
mil empleos directos e indirectos. Isto supón aproximadamente un
12% dos empregos da C.A.
Estas cifras convirten a Galicia na comunidade máis dependente da
pesca de toda a Unión Europea.
Destes empregos, a acuicultura é responsable directa de 13.400
postos de traballo. Ademáis, 1.061 das 8.129 embarcacións que
faenan na C.A. son embarcacións auxiliares de acuicultura, na súa
meirande parte adicadas á explotación de bivalvos en bateas.
O Sector do cultivo do mexilón en Galicia é un dos de maior
relevancia na economía galega. As 3.481 bateas existentes en augas
galegas producen cerca dunhas 290.000 toneladas anuais, das que
280.000 t son de mexilón (3.242 bateas) cun valor en primeira venda
no ano 1999 estimado nuns 17.000 millóns de pesetas.
OPMEGA é unha Organización de Productores, e ten esta
denominación dende o ano 1996, aprobada por orde de 12 de decembro,
sendo sustuída a anterior denominación de OPMAR, coa que foi
orixinalmente constituida en 1986.
A regulamentación básica está contida no Regulamento CE nº
104/2000 do Consello, de 17 de decembro de 1999.
Como Organización de Productores basea o seu funcionamento en
varios compromisos, e entre eles atópase o de mellora-la calidade
da producción.
OPMEGA, como entidade promotora, reúne a 2198 socios
productores, con 1781 bateas, que representan máis da metade das
existentes en toda a C.A., e unha producción en 1999 de 136.404
toneladas, e unha facturación nese mesmo ano de 7.965 M ptas.
OPMEGA está integrada por 19 diferentes entidades de
primeiro nivel, que agrupan a sua vez os productores, 16 de elas
teñen forma xurídica de asociación, unha cooperativa e unha
sociedade anónima.
Encóntranse repartidas por todas as rías con producción
mexilloeira: a Ría de Vigo, Ría de Pontevedra, Ría de Arosa, Ría
de Muros-Noia e Ría de Sada. E presencia na meirande parte dos
polígonos de producción. |